Welcome to my blog :)

rss

martes, 1 de junio de 2010

Eurovision 2010

O festival de Eurovisión do 2010 foi celebrado en Oslo, Noruega no Fornebu Arena  o día 29 de maio.
A victoria obtivoa Alemaña a cal non gañaba dende o ano 1982 . A canción gañadora foi Satellite interpretado por Lena Meyer-Landrut a cal obtivo 246 puntos. A min persoalmente non me gustou nada, porque penso que había cancións millores como por exemplo Azerbaijan con Drip Drop ( unha das cancións preferidas antes do concurso) interpretado por Safura ou Armenia con Apricot Stone de Eva Rivas, Francia cun tema moi animado Allez! Ola! Olé! estas entre outras. A parte eu creo que Lena non sabía nin cantar.A  segunda posición obtuvoa o grupo turco Manga con We could be the same e o terceiro posto foi para o dúo rumano composto por Paula Seling e Ovi co tema Playing with fire.
 España quedou no posto 15 ca canción Algo pequeñito a cal tivo que interpretar dúas veces pola aparición dun espontáneo no medio da actuación chamado Jimmy Jump (alias de Jaume Marquet i Cot) o catalán é famoso en colarse neste tipo de eventos isto foi  penado con 1880 euros de multa. Debido á súa aparición España tivo que volver a interpretar a canción por segunda vez.
A continuación poñovos un vídeo do famoso intruso e da gañadora de eurovisión 2010 para que opinedes.



Actuación de España.





GAñadora de Eurovisión 2010

0 comentarios:

Publicar un comentario